
Se Galiza che parece pequena é porque non tes azos para concibir nada grande.
O sábado 11 de outubro, ás 12 h, pasearemos a cidade para lembrar os vínculos de Castelao coa cidade da Coruña.
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886- Bos Aires, 1950) é a figura máis representativa da cultura e a política galega da primeira metade do século XX.
Escritor, debuxante, político, conferenciante, investigador e activista…
A tradición republicana e galeguista da cidade é o alicerce para esa relación profunda de Castelao coa Coruña: aquí participou nas Irmandades da Fala, colaborou con varios medios de comunicación, pronunciou conferencias, promoveu exposicións e participou en actos culturais e políticos fundamentais na historia política de Galiza.
Pasarrúas con Xosé Manuel Sánchez Rei.
E a voz de Mónica Pérez López acompañada do piano de Pablo Méndez Carreira.
Duración aproximada: hora e media.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR