
O venres 19 de setembro, ás 19 horas, imos de roteiro! Farémolo guiadas pola palabra de Xurxo Souto e a música de Guni Varela e Pulpiño Viascón! E remataremos na discoteca do Circo de Artesáns!!!
Ópera ambulante: Todas somos diplomáticas. Desde o pico de Monte Alto até a Pescaría para celebrar un acto de xustiza poética e popular: onde antes se honraba ao alcalde franquista Sanjurjo de Carricarte, agora celébrase a nosa cultura co nome rúa dos Diplomáticos de Monte Alto. Un logro colectivo. Os Diplomáticos de Monte Alto non só representan unha expresión musical singular e profundamente galega, senón que tamén son símbolo de resistencia cultural, irreverencia democrática, compromiso social e defensa da identidade popular. O seu legado artístico, o seu arraigamento na cidade e a súa conexión coa cidadanía fan que esta proposta sexa un acto de xustiza simbólica e un tributo á memoria colectiva do barrio e da cidade que permitiría visibilizar referentes locais positivos e conectados coa cidadanía.
ROTEIRO: Sairemos ás 19.00 h da Praza San Xosé (esquina coa rúa Vixía) e remataremos no Circo de Artesáns.
FESTA NA DISCOTECA: Ás 21.00 h comezará a festa na discoteca do Circo de Artesáns.
Ollo! A discoteca ten unha capacidade limitada, así que unha vez cuberta non podemos permitir o acceso a ninguén máis.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR