
O venres 12 de setembro, ás 19.00 h, faremos un roteiro pola nosa cidade baixo o nome Cousas da escola.
Este roteiro chega disposto a lembrar os días cos libros na bolsa: é o tempo de lecer e o tempo de escola. Se desde finais do século XIX atopabamos grandes edificios coa función educativa vencellados ao barrio da Pescaría coruñesa, chegado o século XX imos desprazarnos para coñecer outros edificios que van camiño do seu centenario. Edificios destinados a cumprir unha promesa: dar espazos educativos á poboación.
O roteiro será guiado por Patricia Angulo, divulgadora da historia da cidade da Coruña, e Carmela Galego, historiadora da arte.
O punto de saída é o CEIP Curros Enríquez (Campo de Marte).
DATOS DO EVENTO
PRAZAS ESGOTADAS
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR