Roteiro das Irmandades

Roteiro das Irmandades

O sábado 30 de novembro, ás 17 h, faremos o roteiro das Irmandades. Trátase dun roteiro pola cidade da Coruña para coñecer os espazos e @s protagonistas das Irmandades da Fala.

Serán seis espazos para resumir a pegada das Irmandades:

  1. Johán Vicente Viqueira quen foi Primeiro Conselleiro da Irmandade da Fala da Coruña.
  2. Manuel Lugrís Freire,  rúa de Santo André nº  200-202
  3.  Rúa Álvaro Cebreiro figura fundamental da vangarda artística galega dos anos vinte e trinta, é autor, co poeta Manuel Antonio, do manifesto ‘Máis alá!’. 
  4. Rúa Real nº 36, Casal de María Miramontes e Ánxel Casal e onde estivo a Editorial Nós, para lembrar o traballo realizado por Ánxel Casal  na editorial  Nós (e antes en Lar xunto a Leandro Carré) 
  5. Paramos no Teatro Rosalía para falar do teatro das Irmandades.
  6. Para rematar en Rego de Auga 38, sede da Academia onde o 18 de maio de 1916 nacen as Irmandades.

Sairemos ás 17 horas desde diante do Instituto Eusebio da Guarda. Aquí traballou como catedrático de Filosofía, entre 1917 e 1924, Johán Vicente Viqueira e desde aquí pulou pola galeguización do ensino, a escolarización plena das mulleres e  reclamou a aproximación normativa da escrita da lingua galega á lingua portuguesa. Viqueira destacou como filósofo, estudoso da psicoloxía, político, docente, pedagogo, tradutor, poeta, músico… Neste ano, que conmemoramos o centenario do seu pasamento, dedicamos este roteiro á memoria de quen foi Primeiro Conselleiro da Irmandade da Fala da Coruña.

En maio de 1916 xorde na cidade da Coruña a primeira das Irmandades da Fala que tería como obxectivo a defensa, exaltación e fomento da lingua de Galiza. Nacía así a primeira iniciativa consciente de normalización do idioma galego. Axiña se foron creando outras: Santiago, Monforte, Vilalba, Ferrol, Vigo, Lugo, Vilagarcía, Cambados, Ourense, Madrid, A Habana… 

Lembraremos e homenaxearemos a figuras principais da historia deste país: Manuel Lugrís Freire, Álvaro Cebreiro, Ánxel Casal, María Miramontes, os irmáns Vilar Ponte, Micaela Chao Maciñeira…

A duración aproximada é de hora e media. Non é necesaria inscrición.

Realizamos esta actividade: 

AC Alexandre Bóveda, ACLP Roxín Roxal, AC Eira Vella, AC Irmáns Suárez Picallo, Lar de Unta, CPI Cruz do Sar, IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, Proxecto Pesquedellas,  Zona Hadal, Rede Cultural Betanzos e Bisbarra.

DATOS DO EVENTO

Data: Sábado, 30 Novembro 2024
Hora: 17:00
Lugar: IES Eusebio da Guarda - Praza de Pontevedra, 20 - A Coruña
Tipo de evento: Roteiro

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies