Roteiro literario: «Diario de Syra. Espazos da miña vida»

AC Alexandre Bóveda

O sábado, 22 de novembro, ás 12 horas, realizaremos este roteiro literario arredor da figura de Syra Alonso, coa guía de Patricia Angulo, David Lozano e Carmela Galego.

Camiñar ten algo de terapéutico. Escribir tamén cauteriza as feridas. Syra bota a andar desde a súa casa de Liáns até un cárcere á beira dun faro. Doce quilómetros de pasos para afastar os medos todos e tratar de atopar uns folgos que ben sabía que precisaría. Até en dúas ocasións e con sete anos de diferencia péchase co seu lapis para narrar a súa memoria de Muller Muro. Neste roteiro percorreremos os espazos da súa vida e da súa literatura. Luz, serenidade, valentía e forza. Acompañádenos nesta maña de novembro para transformar as rúas en palabras e narracións. A memoria de Syra e Francisco Miguel atópase entre as grandes historias da nosa cidade agardando a ser coñecida.

O roteiro sairá desde San Nicolás percorrendo as rúas da Pescaría até chegar ao Ensanche.

Para facer máis agradable este roteiro levaremos as nosas radioguías polo que é imprescindible anotarse. Só se garante o acceso á radioguía mediante o proceso de inscrición.

DATOS DO EVENTO

Data: Sábado, 22 Novembro 2025
Hora: 12:00
Lugar: -
Tipo de evento: Roteiro

PRAZAS ESGOTADAS

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies