Roteiro “Non Calarás!”

AC Alexandre Bóveda

O sábado 8 de marzo, a partir das 12 h, acompañádenos no roteiro Non Calarás!

Percorreremos xuntas a Pescaría na procura da pegada das miles de mulleres anónimas que coas seu traballo invisibilizado, pero fundamental abriron unhas portas que non se van pechar…
Sairemos de diante das Escolas da Garda porque aquí estivo o lavadoiro do Caramanchón que perviviría até que en 1896 se derribou e se proxectou erguer no seu lugar o edificio das escolas da Guarda.

Contaremos coa música do Grupo de Gaiteiras Non fagas ruído e a pandereteira e cantareira Icía Varela. E co teatro de Noite Bohemia.

As condutoras do roteiro serán Carmela Galego, Mª Xosé Bravo, Isabel Risco e Patri Angulo. E este será o percorrido:

  1. Praza de Pontevedra. As lavandeiras. Con Carmela Galego e Patri Angulo
  2. Praza de Santa Catalina. Irmandiñas: Santo André, local da Agrupación Republicana Femenina. Cristina Villar, vicerreitora de Igualdade da UDC
  3. Rúa Mantelería: as mulleres nas fábricas: tecedeiras, cigarreiras, misteiras. Cunha cigarreira. Lolecha Rodríguez Morás, cigarreira.
  4. Obelisco. Os traballos do porto: peixeiras, cargadoras, mandadeiras… Teresa Ramiro, mariscadora.
  5. A Mariña. Traseira do Teatro Rosalía. A revolta das mulleres. Peza de Noite bohemia. Isabel Risco
  6. As labregas: Praza dos ovos. Isabel Villalba, secretaria do SLG.

A duración estimada é de 100 minutos e non fai falta inscribirse.

DATOS DO EVENTO

Data: Sábado, 8 Marzo 2025
Hora: 12:00
Tipo de evento: Roteiro