
O venres, día 20 de setembro, ás 19 h, realizaremos un roteiro polos xardíns de Méndez Núñez guiado por Carmela Galego: O xardín da literatura e o mar.
De titularidade municipal, ou de asociacións vinculadas ao concello, A Coruña chegou a ter até tres espazos dedicados á lectura nesta zona privilexiada da cidade. Paisaxe, vexetación, mar, vangarda social e arquitectónica. A literatura pasa aquí a formar parte dun goce sensorial para todos os públicos. Neste venres de setembro xuntaremonos no xardín para lembrar estas bibliotecas, explorar cambios e permanencias. Desfrutar das palabras expertas de Fernando Agrasar -arquitecto- e Mila García -directora da biblioteca de Estudos Locais- para rematar cunha colaboración especial da actriz Isa Risco.
DATOS DO EVENTO
PRAZAS ESGOTADAS
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR