
O venres 11 de xullo, ás 19.30 h, realizaremos un roteiro sobre ciencia guiados por Xosé Antón Fraga: Unha cidade con Ciencia.
Será un paseo por algúns dos lugares da Coruña relacionados coa creación científica. Espazos que nos conectan con persoas e institucións que ao longo do tempo xeraron coñecemento científico e promoveron a súa difusión. Lembrando neles a relevantes protagonistas, como María Wonenburger, Ramón de la Sagra, Durán Loriga, Celia Brañas, Nóvoa Santos ou o médico Rodríguez.
A saída será na praza de Pontevedra, esquina con Santo André. A duración aproximada é de hora e media.
Xosé Antón Fraga, Tino Fraga, é divulgador científico e foi director dos Museos Científicos coruñeses.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR