
O venres 18 de xullo, ás 19.30 h, faremos un roteiro pola nosa cidade baixo o nome de Vivir na Coruña, que bonito é.
A Pescaría coruñesa son dous bicos de area abrazos polo mar. No bico do Orzán A Coruña traballaba; no arco suroriental, o que pasearemos neste roteiro, a cidade especializouse en festexar, e xa son 175 anos festexando. A cidade tatuada na pétrea pel do mar foille gañando térreo a este elemento que lle dá fundación e vida para poder gozar dela. Eses mesmos espazos que percorreremos para descubrir cales acolleron as festas e celebracions que nos fixeron asegurar que vivir na Coruña que bonito é.
O roteiro será guiado por Patricia Angulo, divulgadora da historia da cidade da Coruña, e Carmela Galego, historiadora da arte.
A saída será desde a estatua de María Pita, na praza do mesmo nome.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR