O mércores 11 de decembro, ás 19.30 h, teremos unha palestra co título de Se Isto é un bosque, organizada pola Fundación Luzes.
É unha verdade universalmente recoñecida que toda persoa nacida de galegos se enfrontará algunha vez á diatriba de que facermos coa chousa ou co nabal, coa veiga ou coas cortiñas, co monte aquel que cavou a avoa, descanse en paz, que boa falta lle fai. Se ata o de agora non che pasou é porque tes a fortuna de que os teus proxenitores aínda son quen de se ocupar. Porén, cando a vellice lles chega, a pregunta está aí: «A ti paréceche que venda o monte?»
Con Marta Veiga Izaguirre, xornalista e profesora de comunicación da USC e Mar Pérez Fra, economista e profesora de economía agraria na USC.
Esta actividade fai parte do programa Revisar os Marcos que realizamos en colaboración coa Fundación Luzes.
DATOS DO EVENTO
Inscrición necesaria
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR