
O sábado 3 de outubro recuperamos os cafés feministas falando de maternidades en toda a súa complexidade.
Desde a infancia aprendemos que as mulleres nacemos con instinto maternal, que a felicidade está relacionada con ser nai, unha nai dedicada ao coidado e a felicidade da crianza, pero ante isto xorden moitas preguntas que responder xuntas.
Decido ser nai ou sinto a súa imposición? Respéctase a decisión de non maternar? Convértese a maternidade en identidade? Está a sociedade preparada para a crianza? Podemos falar de un único modo de maternar? Son respectados por igual todos os modos de crianza? É real a corresponsabilidade?
Vémonos o sábado 3 ás 12.00 para compartir opinións e experiencias.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.