Presentación de “Teatro completo de Luisa Villalta”

AC Alexandre Bóveda

O luns, 2 de decembro, ás 19.30 h, acollemos a presentación de Teatro completo de Luisa Villalta, edición de Henrique Rabuñal.

Nesta edición, Henrique Rabuñal establece un amplo perfil biográfico da autora, centrándose na súa relación co teatro e na súa relevancia na historia do teatro galego. Tamén debulla a substancia da súa obra dramática e a súa presenza nos escenarios. O Teatro completo publica por primeira vez a obra Os pasos contados. O teatro ocupa un lugar moi relevante na vida e obra de Luísa Villalta. Lectora e espectadora de teatro, estudosa do Hamlet de Cunqueiro, editora e tradutora, cómplice de autores e autoras, actores e actrices. O seu teatro evoluciona desde o simbolismo e expresionismo a textos onde o feminismo, e tamén a ollada crítica sobre a sociedade, están moi presentes e seguen a ser actuais.

Acompañará ao autor o tamén escritor César Morán.

DATOS DO EVENTO

Data: Luns, 2 Decembro 2024
Hora: 19:30
Lugar: AC Alexandre Bóveda - Rúa Santo André, 36 - 1º - 15003 A Coruña
Tipo de evento: Presentación

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies