Todas as veces que foron un non

Fundación Luzes, AC Alexandre Bóveda

O venres 21 de febreiro, ás 19.30 h, teremos unha nova palestra dentro do ciclo que facemos coa Fundación Luzes.

Todas as veces que foron un non. O tratamento da violencia sexual nos medios. De Ana Peleteiro a Gisèle Pelicot, pasando polo traballo de compilación de Cristina Fallarás ou o relato autobiográfico de Vanessa Springora, os testemuños de violencia sexual protagonizados polas mulleres vítimas ocupan a actualidade dende hai meses. Detrás latexa un clima de maltrato, medo, impunidade e ausencia de consentimento que acontece, as máis das veces, no eido familiar ou da parella, amparado pola normalización da cultura da violación e soterrado polo rubor que senten as vítimas. Como poden os medios de comunicación contribuir a que a vergoña mude de bando?

Para falar disto contaremos con Cláudia Morán, xornalista, confundadora de Xornalistas Galegas.

DATOS DO EVENTO

Data: Venres, 21 Febreiro 2025
Hora: 19:30
Lugar: -
Tipo de evento: Palestra