Da idade de prata truncada a pintar na penumbra: Traxectorias das artistas galegas no segundo terzo do s. XX

AC Alexandre Bóveda

O mércores 18 de marzo, ás 19:30 h, no noso local, terá lugar a conferencia Da idade de prata truncada a pintar na penumbra: Traxectorias das artistas galegas no segundo terzo do s. XX.

Nesta sesión, a historiadora da arte e xestora cultural Beatriz Álvarez Noia analizará a evolución da arte feminina en Galiza durante un dos períodos máis complexos da nosa historia. A xerrada partirá das artistas consagradas que viron truncada a súa proxección pola Guerra Civil, un evento que supuxo unha parálise estética e unha ruptura nas redes de sororidade e formación. A través do seu relato, amosarase que o “silencio” da época non foi ausencia de creación, senón unha estratexia de supervivencia. Finalmente, debullaranse as claves de como a nova xeración de posguerra comezou a abrir fendas de modernidade nun contexto adverso, sentando as bases da renovación estética galega nun exercicio de resiliencia e loita por un espazo propio.

DATOS DO EVENTO

Data: Mércores, 18 Marzo 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies