Unha viaxe polo Eo-Navia e a súa galeguidade

AC Alexandre Bóveda

O Eo-Navia é un territorio asturiano que conta cunha rica cultura, variadas tradicións e un considerábel patrimonio material e inmaterial, sendo exemplo para destacar deste último a súa fala ou variante lingüística comarcal da grande lingua galego-portuguesa, e que é merecedora da máxima protección e desenvolvemento.

Esta viaxe imaxinaria pola súa xeografía, medio natural, historia, literatura, arquitectura popular, mitoloxía, cociña, figuras históricas, etc, tenta contribuír ao coñecemento e valoración desta fermosa Terra mesopotámica, parte infelizmente esquecida da nosa lingua e cultura.

Durante a conferencia proxectaránse fotografías e mapas do Eo-Navia.

De todo isto falaranos Manuel Miragaia, que será presentado por Xoán-Antón Pérez Lema.

DATOS DO EVENTO

Data: Venres, 11 Abril 2025
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies