É unha xornada divulgativa sobre contaminación luminosa, preservación da escuridade natural nocturna e posta en valor do patrimonio ambiental e cultural da noite. Esta primeira parte da xornada desenvolverase no local da A. C. Alexandre Bóveda en horario de mañá (a segunda parte celebrarase o sábado 30 de novembro pola tarde na Domus). Co apoio do Concello da Coruña e os Museos Científicos Coruñeses e a colaboración da A. C. Alexandre Bóveda.
Programa
11:30 Presentación do xogo de mesa Viaxe pola noite iluminada coa participación (vía vídeo) de Annette Krop-Benesch, bióloga alemá experta en contaminación luminosa, que creou o xogo cos seus fillos Benjamin e Viviane, e de Martin Pawley, coordinador do grupo de traballo sobre contaminación luminosa da Agrupación Ío e tradutor ao galego do xogo. 12:00 Conferencia de Salvador Bará Viñas, investigador e profesor xubilado na área de Óptica da Universidade de Santiago de Compostela. 12:45 Conferencia de Susana Malón, CEO de Lumínica Ambiental, empresa especializada en auditoría enerxética, iluminación exterior e contaminación luminosa.
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies