
O xoves 25 de xuño ás 21 h o Pub Delirium (Paseo das Pontes, 5) acolle o concerto de Señales de fatiga, actividade coa que dá comezo a V edición da Festa Amergin da Poesía Atlántica. Este ciclo, que se desenvolve do 25 ao 27 de xuño na cidade da Coruña, consolídase como un espazo único de encontro entre as tradicións literarias galega e irlandesa, nun evento coorganizado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, In Nave Civitas, Xuntas polas Artes e o Instituto Universitario de Estudos Irlandeses Amergin da Universidade da Coruña.
Señales de fatiga está integrado por Sara, Fátima, Marta, Laura e Verónica. É un proxecto de pop alternativo no que cinco voces femininas traballan unidas para crear unha atmosfera musical única, profunda pero á vez divertida. Neste concerto cantarán principalmente temas propios e tamén algunha versión.
A entrada a este concerto é libre.
A Festa Amergin da Poesía Atlántica é unha ponte atlántica de poesía e identidade que neceu co desexo de fortalecer os lazos culturais e simbólicos entre Galiza e Irlanda, dúas nacións unidas pola memoria mítica, a loita pola lingua e a creación poética. Do 25 ao 27 de xuño, a poesía, a natureza e a música erguerase como refacho mariño para lembrar que, como Amergin, tamén nós somos voz do mar e da terra, da palabra que une e da beleza que resiste. Logo deste concerto, continuaremos coa programación, comezando o venres 26, ás 19 h, na nosa sede, coas conversas de literatura e natureza: Antonio Sandoval falaranos das aves das illas de alén do océano, e Teresa Ramiro e David Clark falarannos das literaturas oceánicas. Remataremos o sábado 27 cun roteiro histórico e naturalista polas contorna da Torre de Hércules, con Xosé Alfeirán e Antonio Sandoval (precisa inscrición previa) e a festa final ás 20.30 h na praia do Areal.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.