
O sábado 27 de xuño, a partir das 20:30 h, a Praia do Areal (tamén chamada praia das Lapas) convértese nun escenario aberto á música, ao teatro e á poesía que nos une a ambas beiras do mar na celebración final da V Festa Amergin da Poesía Atlántica. Despediremos este AMERGIN 2026 compartindo palabras, cantos e emocións mentres o sol se deita sobre o océano, cun serán completo de música, teatro e poesía atlántica.
Este é o programa do evento:
Presenta: Manuel Rivas
Anima: Isabel Risco
Teatro: Noite Bohemia
Música: As Cantareiras de Son d`aquí e o grupo de Cantos de Taberna de ACAB
Poesía: Rodrigo Osorio, Laura Rey Pasandín, Teresa Ramiro, Chisco Fernández Naval e Ciarán Dawson
E remataremos coa celebración do solpor oceánico.
Vémonos na Praia do Areal para vivir xuntas o solpor oceánico. Unha praia, un solpor e moitas voces para celebrar o Atlántico.
DATOS DO EVENTO
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.