Entrega da 5ª edición do “Premio Marcelino Liste XUSTIZA E LIBERDADE”

AC Alexandre Bóveda

O Foro Cívico, colectivo integrado dentro da AC Alexandre Bóveda, convocou a V EDICIÓN PREMIO MARCELINO LISTE XUSTIZA E LIBERDADE.

O xurado desta edición composto por Francisco Cerviño González, Arantxa Aróstegui Echeverría e Gonzalo Vázquez Pozo decidiron entregar o Premio a:

Ibrahima Diack e Magatte Ndiaye.

Estes dous veciños da Coruña, de orixe senegalesa, foron os únicos en tratar de socorrer a Samuel Luiz, correndo un grave risco ao tratar inutilmente de salvar a súa vida. Pola valentía e humanidade mostradas na acción en defensa do malogrado Samuel Luiz, na noite en que foi asasinado a mans dun grupo de delincuentes xa condenados a día de hoxe por un delito de asasinato con aleivosía, co agravante do carácter homófobo do crime entende o xurado, a proposta de ACAMPA, que son merecedores do PREMIO MARCELINO LISTE XUSTIZA E LIBERDADE.

A entrega do premio terá lugar o vindeiro martes día 10 (Día internacional dos Dereitos Humanos) ás 19:30 no local da nosa asociación.

DATOS DO EVENTO

Data: Martes, 10 Decembro 2024
Hora: 19:30
Lugar: AC Alexandre Bóveda - Rúa Santo André, 36 - 1º - 15003 A Coruña
Tipo de evento: Outros

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies