VI Encontro da Noite

Agrupación Astronómica Coruñesa Ío, AC Alexandre Bóveda

O sábado 18 de outubro, a Agrupación Ío convoca o VI Encontro da Noite, unha xornada divulgativa centrada na problemática da contaminación luminosa, a necesidade de preservar a escuridade natural e a posta en valor do patrimonio ambiental e cultural da noite.

Esta actividade é a primeira parte dun ciclo que continuará o vindeiro 4 de novembro no Planetario da Casa das Ciencias. Nesta primeira sesión, que terá lugar no noso local, contaremos con dúas intervencións:

  • 18:00h | Coloquio: Partindo do libro de Joaquim Sempere, La Tierra exhausta. Conversaciones sobre crecimientos y colapsos, o xornalista especializado en temas ambientais e membro da Agrupación Ío, Juan F. Samaniego, moderará unha conversa sobre os retos ecolóxicos actuais.
  • 19:00h | Conferencia: “Cando acender a noite prexudica a saúde”. A cronobióloga da Universidad de Murcia, María de los Ángeles Rol de Lama, achegaranos aos efectos que a luz artificial nocturna ten sobre a saúde humana, alterando os nosos ritmos biolóxicos naturais.

A entrada será libre ata completar a capacidade da sala.

DATOS DO EVENTO

Data: Sábado, 18 Outubro 2025
Hora: 18:00
Tipo de evento: Encontro

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies