
Compostela garda baixo pedra os grandes símbolos da nosa historia, cultura e arte. Da escaleira espiral de Bonaval aos alicerces catedralicios do Mestre Mateo. Do Panteón Real ao Panteón de Galegos Ilustres pasando polo reflectorio de San Martiño Pinario. Alí xantaremos o sábado 26 de outubro nunha xornada na que exploraremos a pedra compostelá na mellor das compañas.
Sairemos da Coruña ás 9.30 h e pola mañá realizaremos unha visita guiada ao Panteón dos Reis, á cripta e ás tribunas da Catedral con Ramón Yzquierdo Peiró, Director Técnico do Museo Catedral de Compostela.
Xantaremos no mosteiro de San Martiño Pinario.
E pola tarde realizaremos unha visita guiada ao Museo do Pobo Galego con Concha Losada, presidenta do MPG e unha visita guiada ao Panteón de Galegos Ilustres con Uxío Breogán Diéguez Cequiel membro do Consello de Goberno do Museo.
Chegaremos de volta ás 19.30 h aproximadamente.
O prezo total é de 30 euros.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.