Visita a CUAC FM

AC Alexandre Bóveda

CUAC FM 103.4, a radio comunitaria da Coruña, convídanos a coñecer as súas instalacións no Campus Universitario de A Zapateira. Coñeceremos os estudos de radio, entre eles o Alexandre Bóveda, e tamén cómo xestionan un proxecto que está a piques de cumplir 29 anos de vida. Faremos un bautismo radiofónico e a visita rematará coa actuación musical de Brais Morán.

A actividade ten unha duración de 2 horas: a visita guiada, a pequena experiencia radiofónica e o concerto de Brais Morán.

ACTUALIZACIÓN: Xa non temos praza para esta actividade pero CUAC realiza unha actividade semellante, no mesmo horario, o sábado 21 (con actuación de Silvia Penide) e o xoves 26 (con actuación de Leticia Rey). Se estás interesada tes que apuntarte (nome e apelidos) neste correo: comunicacion@cuacfm.org.

DATOS DO EVENTO

Data: Luns, 23 Decembro 2024
Hora: 18:00
Tipo de evento: Visita

PRAZAS ESGOTADAS