
No ciclo ENTRE LIÑAS, que realizamos en colaboración coa AC AÏS, o venres 10 de xullo ás 20 h, realizaremos unha visita ao estudo do artista multidisciplinar Héctor Francesch, que nos recibirá para compartir a súa traxectoria, o seu universo creativo e os proxectos nos que traballa na actualidade.
Héctor Francesch é unha das voces máis persoais da arte contemporánea galega. A súa obra abrangue o debuxo, a pintura, a serigrafía e a instalación, nunha constante procura de novas linguaxes expresivas. Ao longo da súa carreira protagonizou numerosas exposicións individuais en galerías, museos e institucións e participou en destacadas feiras de arte contemporánea. A súa creación dialoga coa cultura visual contemporánea e bebe do pop art, do cómic, da publicidade e da tradición artística galega. Cunha linguaxe de cores intensas, formas sintetizadas e unha marcada carga irónica, Francesch constrúe un imaxinario propio no que obxectos cotiáns e iconas da infancia convértense en vehículos para reflexionar sobre a sociedade actual, a violencia, o consumo e a memoria.
Entre Liñas ofrece así unha oportunidade única para coñecer de primeira man o espazo de creación de Héctor Francesch, conversar co artista e descubrir os procesos que se agochan detrás da súa obra nun ambiente próximo e participativo.
Contaremos tamén coa actuación do músico multi-instrumentalista Pulpiño Viascón que realizará co serrón unha actuación para as persoas asistentes.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.