
O sábado 4 de xullo ás 12:00 h organizamos unha visita ao Souto das esculturas Galán-Nistal, no corazón verde de Meirás, concello de Sada
Achegarémonos a este espazo íntimo e poético para coñecer o universo creativo dun dos escultores galegos máis relevantes, Pepe Galán, onde a súa obra dialoga de forma directa coa arquitectura, coa natureza e coa paisaxe. Durante a visita, que terá unha duración aproximada dunha hora e media, poderemos gozar das esculturas de metal amparadas baixo a protección dos carballos e castiñeiros. Así mesmo, exploraremos este espazo que conserva o recendo do monte e o labradío, intervindo en perfecta simbiose co arquitecto Alfonso Fernández.
Nota: cada persoa debe desprazarse até o lugar polos seus propios medios.
Utilizamos cookies propias e de terceiros para garantir o correcto funcionamento do sitio web, medir o uso e mellorar os nosos servizos. Podes aceptar todas as cookies, rexeitar as non esenciais ou configurar as túas preferencias. Cookie policy
Required for the website to work correctly. They cannot be disabled from this panel.
Help measure site usage and improve its content.
Allow advertising, campaign measurement, or ad personalization.
Store preferences or enable non-essential external content.