Visita ao Souto das esculturas Galán-Nistal

Asociación Cultural Aïs, AC Alexandre Bóveda

O vindeiro sábado 13 de setembro ás 12 h faremos unha visita ao Souto das esculturas Galán-Nistal para coñecer o espazo creativo dun dos escultores galegos máis relevantes, Pepe Galán.

Hierofanía, esta é a palabra que acode ao maxín cando estamos no Souto das Esculturas. A palabra hierofanía responde á manifestación do sagrado vencellado coa paisaxe. O punto de encontro entre a Ría de Ares, o territorio sadense, e a a arte de Pepe Galán danlle forma a esta palabra. Desde Entre Liñas a achega da música de Wilson Ortega. Completa o círculo das sinestesias creadas entre natureza, escultura e partitura. Este Souto das esculturas Galán-Nistal é un espazo que aínda conserva o recendo do monte e o labradío. Situado en Meirás (Sada) o lugar que acolle as obras de Pepe Galán, esculturas de metal, que se amosan baixo a protección dos carballos e castiñeiros foi realizado en colaboración –nunha unión que é simbiose– co arquitecto Alfonso Fernández.

A AC AÏS achegaranos a música do trompetista Wilson Ortega.

Esta actividade fai parte do Ciclo Entre Liñas que realizamos en colaboración coa AC AÏS.

DATOS DO EVENTO

Data: Sábado, 13 Setembro 2025
Hora: 12:00
Tipo de evento: Visita

PRAZAS ESGOTADAS