Visita guiada á exposición «A Barca de Caronte»

AC Alexandre Bóveda

O martes 9 de decembro ás 18:30 h realizaremos unha visita guiada no Museo de Belas Artes da Coruña á exposición A BARCA DE CARONTE. A travesía vital de Isaac Díaz Pardo. A visita será guiada polo comisario da mostra e fillo do artista, Xosé Díaz Arias.

Coincidindo coa dedicación do Día das Artes Galegas deste ano 2025 por parte da Real Academia Galega de Belas Artes a Isaac Díaz Pardo, o Museo de Belas Artes da Coruña organiza esta exposición. A mostra articúlase en cinco seccións coas que se pretende amosar a traxectoria de Díaz Pardo, desde a súa primeira etapa pictórica ata a derradeira, deseñística e industrial, pasando pola etapa de transición plástica e a do estudo e posta en práctica dos sinais que transmite a tradición e a memoria, coa creación do Laboratorio de Formas de Galicia e os seus proxectos.

DATOS DO EVENTO

Data: Martes, 9 Decembro 2025
Hora: 18:30
Tipo de evento: Exposición

PRAZAS ESGOTADAS

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies