
O mércores 7 de xaneiro, ás 12 horas, na Fundación Barrié, realizaremos unha visita guiada á exposición monográfica: Fernando Álvarez de Sotomayor (1875-1960).
Esta exposición monográfica reúne arredor de 75 obras procedentes de institucións e coleccións privadas de España, Chile, Italia e Francia, coa que se conmemora o 150 aniversario do nacemento do artista, nado en Ferrol en 1875.
Comisariada polo Dr. Javier Barón, xefe da Colección de Pintura do Século XIX do Museo do Prado, a mostra estrutúrase nun percorrido cronolóxico que abrangue as distintas etapas da súa produción.
A visita tamén afonda na dimensión pública do artista, dende o seu maxisterio na Escola de Arte de Chile e a organización de grandes exposicións, ata a súa destacada dedicación ao Museo do Prado, onde exerceu como subdirector e posteriormente como director durante trinta anos, un período superior ao de calquera outro responsable da pinacoteca.
É imprescindible a inscrición.
DATOS DO EVENTO
PRAZAS ESGOTADAS
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR