Visita guiada á exposición «José Suárez, vida e obra»

Visita guiada á exposición «José Suárez, vida e obra»

O sábado 20 de xuño ás 12 h faremos unha visita guiada á exposición José Suárez, vida e obra, organizada pola Real Academia Galega de Belas Artes para conmemorar ao fotógrafo, recoñecido este ano no Día das Artes Galegas.

Realizará a visita o comisario da exposición, o académico Xurxo Lobato. A mostra, composta por 16 paneis, está situada na contorna da praza de Lugo. A través de fotografías, textos e un coidado deseño reflicte a obra de José Suárez, poñendo en valor a súa creatividade.

Nado en Allariz en 1902, cunha traxectoria marcada pola vangarda e polo exilio. A obra fotográfica de José Suárez caracterízase por unha mirada moderna, reflexiva e centrada na figura humana, afastada do folclorismo e próxima ás correntes europeas máis innovadoras. No ano 1936 a produtora cinematográfica Cifesa encárgalle un filme documental sobre os mariñeiros. Empeza a rodar Mariñeiros, acompañando a reportaxe cinematográfica coas súas fotografías, mais o golpe de estado e a guerra varreron con todo. Antes de que poida estrear o filme ten que fuxir cara Arxentina. Alí fai cinema e traballa como fotógrafo para os principais xornais.

DATOS DO EVENTO

Data: Sábado, 20 Xuño 2026
Hora: 12:00
Tipo de evento: Visita

PRAZAS ESGOTADAS