Visita guiada á exposición «Seoane & Darwin: O naturalista Seoane e o darwinismo a fins do século XIX»

AC Alexandre Bóveda

O martes 20 de xaneiro, ás 19 horas, na sala de exposicións de Durán Loriga, realizaremos unha visita guiada á mostra Seoane & Darwin: O naturalista Seoane e o darwinismo a fins do século XIX.

Organizada polo Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses con motivo do 125 aniversario do pasamento de Vítor López Seoane, a exposición afonda nas contribucións do naturalista e na súa relación con Charles Darwin. A través de documentos orixinais —incluíndo a única carta que Darwin enviou a un colega español— e diversos materiais da época, a mostra analiza a introdución do evolucionismo e as resistencias que estas teorías provocaron en diversos sectores da sociedade do século XIX.

A actividade estará guiada por Xosé A. Fraga Vázquez, numerario do Instituto Cornide e coordinador da exposición. Doutor en Bioloxía e diplomado en Historia das Ciencias, Fraga foi director dos Museos Científicos Coruñeses e é autor de numerosas investigacións sobre a historia da ciencia e a cultura científica en Galicia.

DATOS DO EVENTO

Data: Martes, 20 Xaneiro 2026
Hora: 19:00
Tipo de evento: Exposición

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies