Igual que para Agustín Fernández Paz, o cinema foi unha das grandes paixóns de Xabier P. DoCampo. Desa cinefilia deixou mostras aquí e acolá, e mesmo fixo recensións dalgúns filmes en blogs, mais foi na súa novela derradeira, “A nena do abrigo de astracán”, onde as películas se fixeron fundamentais, até o punto de darlle estrutura ao libro e completar decisivamente o relato. Nesta sesión repasaremos a presenza do cinema na vida e a obra de Xabier P. DoCampo.
Disto falaranos Martin Pawley, crítico de cinema, programador e produtor.
DATOS DO EVENTO
Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies
ACEPTAR