Outras historias do cinema: Youssef Chahine

AC Alexandre Bóveda

O xoves 9 de abril ás 19.30 h, dentro do ciclo “Outras historias do cinema”, rendemos homenaxe a Youssef Chahine no ano do centenario do seu nacemento. Durante a maior parte do século XX, falar de cinema árabe equivalía a falar de cinema exipcio: o 75% dos filmes producidos na rexión que comprende o Magreb e o Oriente Medio eran deste país. A fortaleza industrial e comercial do cinema exipcio permitiu a consolidación de autores que acadaron prestixio crítico internacional como Henry Barakat ou Salah Abu Seif, pero sobre todo Chahine, o máis recoñecido cineasta do mundo árabe e creador de películas excepcionais como ESTACIÓN DO CAIRO, A TERRA ou ALEXANDRÍA POR QUE?

A sesión correrá a cargo de Martin Pawley, crítico e programador cinematográfico.

DATOS DO EVENTO

Data: Xoves, 9 Abril 2026
Hora: 19:30
Tipo de evento: Palestra

Inscrición necesaria

Inscríbete

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies