Fernández Flórez na Coruña – Paseos en agosto XXIV

Escultura de Wenceslao Fernández Flórez

A escultura da Praza do Humor da Coruña rende homenaxe ao escritor Wenceslao Fernández Flórez. Nado na Coruña en 1885, publicou arredor dunhas corenta novelas e libros de relatos de humor, caracterizados estes por un humor con moita retranca.

Monumento a Wenceslao Fernández Flórez

Nos Xardíns de Méndez Núñez –enfronte do edificio da Terraza– atopamos outro monumento dedicado a Wenceslao Fernández Flórez na Coruña.

Ambientado na parroquia de Cecebre (Cambre) –alí encóntrase a casa museo do autor–, O bosque animado é unha das súas obras máis coñecidas. Publicada en 1943 en castelán, foi traducida ao galego pola poeta Xela Arias e publicada en 1987.

Placa da rúa Wenceslao Fernández Flórez

Baseadas na novela O bosque animado fixéronse dúas películas: a dirixida por José Luis Cuerda en 1987 e –en 2001– a primeira película de animación 3–D realizada en Europa.

As vidas no bosque eran prácidas, só interrompidas polo paso do home, ao que acompaña a traxedia, xa que pola súa cobiza explota o bosque. A cinta animada seguro que lles gustaba aos nenos e nenas do CEPI Wenceslao Fernández Flórez da Coruña, alí próximo á Estación de Ferrocarril.

CEPI Wenceslao Fernández Flórez

Wenceslao Fernández Flórez faleceu en Madrid en 1964. Os seus restos descansan no Cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Tumba de Wenceslao Fernández Flórez

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies