O pasado martes,18 de xuño, día no que naceu Lino Braxe, o grupo Alexandre Bóveda Teatro interpretou Fragmentos teatrais de Luísa Villalta.
Foi unha lectura dramatizada de varias escenas da Obra dramática completa de Luísa Villalta editada por Lino Braxe e Alexandrina Fernández Otero coa agrupación cultural Alexandre Bóveda e a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega. Unha dobre homenaxe a dous artistas poliédricos moi importantes para a nosa cultura, Lino Braxe e Luísa Villalta da man, tan amigos eran.
Foi unha fermosa viaxe a través do teatro creado por Luísa Villalta, faceta menos recoñecida da autora e sen embargo unha das suas paixóns.
Aquí vos deixamos algunas imaxes desta representación. Son momentos emotivos vividos durante a nosa interpretación.
Grazas Luísa polo teu teatro.
Unha resposta
O martes 18 asistimos a unha marabillosa dramatización dos textos teatrais de Luisa Villalta por parte do grupo de teatro da ACAB q amosou a grande habilidade teatral da autora homenaxeada nas letras galegas.