Nesta casa da Coruña –número 1 da rúa Príncipe, na Cidade Vella–, viviu a escritora Francisca Herrera Garrido, casa contigua á de Rosalía na Coruña, de quen foi amiga.
Tiven unha casa guapa,
E loscín roupas, e eito:
E os amigos (qu’eran moitos!)
Recricábanme o sombreiro…
Camiñaba sobre rosas,
E durmía en terciopelos.
Como o mundo xira e xira,
¡Coulleume a volta do veo!
E levo roupas turbiñas;
E m’acolle un pardiñeiro.
Os amigos, (que son poucos…)
A costipación temendo,
van de presa, e non reparan…
Gasto zocos, e rouceo
Sobr’as charumelas muschas:
Adormezo en probe leito…
Nada na Coruña en 1869, Francisca Herrera Garrido foi a primeira muller en entrar na Real Academia Galega, en 1945.
Esta institución dedicoulle o Día das Letras Galegas de 1987, algo que contribuíu a coñecer e recoñecer a súa traxectoria.
Francisca Herrera Garrido faleceu na Coruña en 1950. Os seus restos descansan no Cemiterio de Santo Amaro desta cidade.
¿Morrerei en soledad,
Velliña, prob’é solteira!…
¡Arrenega, demo–atrás!…