Libros, bibliotecas, A Coruña Literaria

Edificio do Arquivo municipal e biblioteca de estudos locais

Un dos traballos nos que andamos metidos na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda é en poñer o foco e visibilizar todo o que A Coruña ten feito arredor do libro e da lectura, xa que queremos ser unha das Cidades da literatura do mundo. A Coruña Literaria é o proxecto no que levamos xa un tempo traballando ao que queremos ir sumando xentes e vontades.

No marco deste proxecto, tivemos a oportunidade de facer unha visita guiada ao Arquivo Municipal e á Biblioteca de Estudos Locais, os dous na Casa da Cultura de Salvador de Madariaga, na rúa Durán Loriga, nº 10. Grazas a Mariola Suárez Rodríguez –directora do Arquivo Municipal– e Milagros García Pérez –directora da Biblioteca de Estudos Locais– puidemos ir vendo e coñecendo os distintos fondos que se gardan nos dous lugares.

No Arquivo Municipal hai fondos públicos –entre outros, do Concello da Coruña– e privados –de individuos, familias, empresas e asociacións–.

Documentos que representan a memoria escrita da cidade, mais tamén o testemuño da propia administración e a garantía dos dereitos dos cidadáns e cidadás.

A Biblioteca de Estudos Locais garantiza e facilita o acceso á información referida ao ámbito local. Aquí atopamos todos o materiais referidos ou publicados sobre A Coruña.

Os seus fondos fóronse ampliando con importantes bibliotecas particulares como a de María Barbeito, Linares Rivas, Alfonso González Catoyra, Carlos Díaz Martínez, Ramiro Cartelle, Familia Padín Viaño ou Familia González Mariñas.

A Biblioteca dispón tamén dunha importantante hemeroteca e de seccións dedicadas á música e o cinema.

Biblioteca estudos locaisDesde a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda seguiremos coa arela de salientar todo o que a nosa cidade ten feito arredor do libro e da lectura: A Coruña literaria.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies