Luís Seoane na Coruña – Paseos en agosto XII

Busto de Luís Seoane

O monumento a Luís Seoane na praza do mesmo nome –no barrio de Monelos– na Coruña honra o escritor, pintor e activista cultural que –fillo de emigrantes– naceu en Bos Aires en 1910. Cando tiña seis anos –en 1916– veu a Galiza, instalándose na Coruña.

Monumento a Luís Seoane

Xa en Galiza, Seoane participou do ambiente das Irmandades, Nós e das Vangardas. Militou no Partido Galeguista.

Con Díaz Pardo recuperou Sargadelos, fundou o Laboratorio de Formas e o Museo Galego de Arte Contemporánea Carlos Maside. En 1936, exiliouse en Bos Aires onde desenvolveu unha intensa actividade cultural. Letras Galegas en 1994 e Día das Artes Galegas en 2019.

Fundación Luís Seoane

Luís Seoane conta cunha Fundación co seu nome. Situada na rúa San Francisco –número 27–, ela garda o valioso patrimonio dun dos intelectuais galegos máis universais.

Fundación Luís Seoane. Exposicións

No barrio de Monte Alto hai unha Escola Infantil Municipal que leva o nome de Luís Seoane.

Escola Infantil Luís Seoane

Escola Infantil Luís Seoane

Luís Seoane faleceu na Coruña en 1979 e os seus restos descansan no Cemiterio de Santo Amaro. Nunha carta ao escultor Luís Falcini, Seoane escribía:

En el cementerio de La Coruña hay otro sepulcro contemporáneo que merece atención y es el que Bonome, un escultor gallego perdido y olvidado, hizo para Pérez Lugín, el autor de La Casa de Troya.

Sepulcro de Pérez Lugín

Este é o sepulcro de Pérez Lugín que fixo Bonome e que lle gustaba a Luís Seoane.

Como diciamos, os restos de Luís Seoane descansan tamén no Cemiterio de Santo Amaro.

Sepulcro Luís Seoane

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies