María Castaña: unha rebelde de lenda

María Castaña
Debuxo de María Presas para o Álbum de Mulleres.

Hai nomes que se popularizaron de tal maneira que pasaron de xeración en xeración ao imaxinario popular, sen ter conciencia nin coñecemento exacto da súa vida nin do que significaron. Un deses nomes é o de María Castaña. No seu caso este feito aínda é máis rechamante porque mesmo se converteu en dito e pasou así aos dicionarios. No da DRAE, desde o século XIX, alúdese a “Maricastaña” para, dunha maneira coloquial, exemplificar que algo é dun tempo moi antigo. Por outro lado, tamén aparece citada na “novela exemplar” de Cervantes El casamiento engañoso (1613). Pois ben, quen era esa muller cuxo nome se mantivo vivo ao longo dos séculos? A continuación, a maneira de homenaxe, resumimos nunhas breves liñas os poucos datos que de María Castaña se coñecen.

Esta muller protagonizou, no século XIV, acontecementos importantes da historia de Galiza. María Castaña aparece citada na España sagrada de Manuel Risco (tomo 41, pax. 126-127) con motivo dun documento do século XIV que se conserva na catedral de Lugo e que está transcrito na súa integridade por María José Portela Silva en Documentos da Catedral de Lugo. Século XIV, publicado polo Consello da Cultura Galega no ano 2007.

María Castaña, en 1386, vivía no Couto de Cereixa, no que sería o actual concello de Pobra de Brollón. Casada con Martín Cego, nun enfrontamento co mordomo (recadador de impostos), Francisco Fernández, que traballaba para o bispo de Lugo, ela, o seu marido e os seus fillos feriron de morte o mordomo. Con data do 18 de xullo de 1386, toda a familia dóalle á catedral de Lugo canto posúen no Couto de Cereixa, ademais de pagar mil marabedís da moeda en circulación e xurar que non farán dano xamais aos recadadores da Igrexa e do bispo.

Temos, pois, a María Castaña convertida en líder dunha revolta popular na cidade de Lugo contra a opresión do poder eclesiástico representado polo bispo de Lugo, Pedro López de Aguiar, que obrigaba os lucenses a pagar uns elevados impostos.

María Castaña: unha galega rebelde do século XIV que se converteu en lenda e chegou ata os nosos días.

[wps_separator style=”default” top=”no” text=”Top” separator_color=”#444″ link_color=”#444″ size=”2″ margin=”15″]

María Castaña levada ao teatro por Avelaíña Teatro:


[wps_separator style=”default” top=”no” text=”Top” separator_color=”#444″ link_color=”#444″ size=”2″ margin=”15″]

 Para saber máis de María Castaña:

Álbum de Mulleres: María Castaña, unha rebelde do século XIV que se convertiu nunha lenda popular

[wps_separator style=”default” top=”no” text=”Top” separator_color=”#444″ link_color=”#444″ size=”2″ margin=”15″]

Falando de mulleres rebeldes, Ses e a protagonista da canción: A Chamuscada:

[wps_separator style=”default” top=”no” text=”Top” separator_color=”#444″ link_color=”#444″ size=”2″ margin=”15″]

Xa a prensa galega de todos os tempos se ocupou da historia de María Castaña. Así o contaba El Heraldo Gallego de maio de 1880: “Tal fué María Castaña esforzada hija de Galicia y digna tocaya de María Pita, valerosa la una contra el despotismo de adentro e invicta la otra contra la agresión de afuera”

[tnc-pdf-viewer-iframe file=”https://www.acalexandreboveda.gal/descargas/Heraldo-gallego-maria-castana.pdf” width=”650″ height=”880″ download=”true” print=”true” fullscreen=”true” share=”true” zoom=”true” open=”true” pagenav=”true” logo=”true” find=”true” current_view=”true” rotate=”true” handtool=”true” doc_prop=”true” toggle_menu=”true” language=”gl” page=”” default_zoom=”auto” pagemode=””]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies