Martínez Salazar: cen anos despois

Martínez Salazar

O día 6 de outubro deste 2023 cumpríanse cen anos do falecemento de Andrés Martínez Salazar, unha figura relevante da nosa cultura. Arquiveiro, historiador, escritor e editor dunha etapa tan transcendental da literatura e da nosa cultura como foi o Rexurdimento.

Nado en Astorga (León) en 1846, tras acadar o título de Arquiveiro–Bibliotecario, pasou a dirixir o Arquivo Histórico de Galiza da Coruña en 1872.

Xa na Coruña, entra en contacto con mundo cultural galego, no que comeza a participar activamente. Como diciamos, o labor editorial de Andrés Martínez Salazar foi fundamental para o desenvolvemento da nosa literatura no Rexurdimento. En 1885 –con Juan Fernández Latorre– funda a colección Biblioteca Gallega. Nela publica obras tan relevantes da nosa literatura como foron Los Precursores de Manuel Murguía, El Idioma Gallego de Antonio de la Iglesia, Aires da miña terra de Manuel Curros Enríquez ou Queixumes dos pinos de Eduardo Pondal.

Tras a morte de Manuel Murguía en 1923 –primeiro presidente da Real Academia Galega–, será Andrés Martínez Salazar quen ocupe o cargo de presidente da institución, aínda que por pouco tempo, pois falecía poucos meses despois.

Como diciamos máis atrás, o día 6 de outubro de 1923 falecía Andrés Martínez Salazar na súa casa do número 23 da rúa Rego de Auga da Coruña.

Rúa Rego da Auga

Ao igual ca no caso de Curros ou Pondal, a condución do cadáver constituíu unha impresionante manifestación de sentimento e dó. Os restos de Andrés Martínez Salazar descansan no Cemiterio de Santo Amaro da Coruña.

Lápida Martínez Salazar

Na zona coñecida como Cidade Xardín hai unha rúa que homenaxea o editor, arquiveiro e historiador.

Placa da rúa Martínez Salazar

Cando acaban de cumprirse cen anos do seu falecemento, é bo non esquecer unha das figuras relevantes da nosa cultura.

Para saber máis do noso autor (que era avó do escritor Carlos Martínez–Barbeito):

Algunos temas gallegos. Andrés Martínez Salazar. Segundo volumen.

 

Manuel Agra

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies