O precursor do Rexurdimento, Francisco Añón Paz (Outes, 1812 – Madrid,1878), dedícalle un poema a Torre de Hércules. Segundo el, todo o mérito é dos “canteiros”.
ANTE A TORRE D’HÉRCULES
-Esta torre fai mil anos
Que a fixeron os fenicios.
-Tamen hai algúns indicios
De que é obra dos romanos.
-Sodes na historia profanos
E en sentenciar moi lixeiros
Pois nin foron os primeiros
Nin os segundos ¡aposto!
-Tíranos de duda, Agosto:
Di ¿quen foron?
-iOs canteiros!