Un poema para agosto (XI): María do Carme Kruckenberg

A poeta María do Carme Kruckenberg Sanjurjo (Vigo,1926 – Vigo, 2015) dedícalle versos a cidade da Coruña: vento, néboa, bravo mar, barco, faro… beleza.

A CORUÑA

A bravura da mar

envolve a túa cintura

con brétemas translucidas

de encaixe de bolillos.

Os amigos navegan

por costas invencibres

da túa xeografía.

A mitade do barco

se engalana de vento

e de brancas gaivotas,

mentres pola noite cantan

os poetas, o faro que os guía.

A Coruña soña ca beleza

intanxíbel, do primeiro amencer

que lle regala a vida.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies