Un poema para agosto (VII): Manuel Rivas

Manuel Rivas

Manuel Rivas Barrós (A Coruña, 1957), no seu libro Mohicania (1986), dedícalle unha “Oda á Coruña”.

ODA Á CORUÑA

Pola porta do aire

os tolos perseguen as túas guedellas de amazona.

Ámante, cidade.

Ámante os orfos da que arrebuñan a luz da túa pel.

Ámante os fillos do mar, tralo ronsel salgado

do teu sexo.

Quen te pintou espida.

Quen te quixo desperta.

Os ladróns que bateron nos teus vidros.

Noitaregos que durmiron no teu ventre.

E os nenos, cidade.

Ámante os nenos do arrabaldo,

que albiscan, trala Porta do Aire, a túa máxica vasoira.

Unha resposta

  1. A CARBALLA SENLLEIRA

    Na beira do cimiterio
    un carballo vello había ,
    no concello de Lalín
    en Bermes coido sería .

    Aquel carballo senlleiro
    era un petrucio carballo
    un día por aquel leiro
    eu lle dera un boo abrazo …
    Agora vou polo eido
    daquel recinto sagrado !

    Quixen darlle o meu saúdo
    e fun e deille unha aperta
    desexarlle boa vida
    a esa nosa linda perla
    de tan longa longa vida…
    Carballa vella de lenda !
    ( Mom Galou )

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies