Un poema para agosto (VIII): Olga Patiño

Estatua a CurrosA profesora e poeta coruñesa, Olga Patiño Nogueira, en Latexos fragmentados (2002), dedícalle un poema a Curros e ao xardín onde se atopa a súa monumental estatua na Coruña: os Xardíns de Méndez Núñez.

NO XARDÍN DA NENEZ (onde mora a estatua de Curros Enríquez)

 

Lémbrome

da transparente nenez,

onde tentaba

albisca-la sinfonía do futuro.

 

Ollando

a esfinxe envolta

na soidade de pedra,

sesgada de lique,

adobiada por minúsculas fervenzas.

Pousada de pombas e gaivotas.

Eu era miúda,

un sopro de vento

no zaguán da vida.

 

Atrapada

na visión daquel Núcleo monumental,

endosfera mítica.

                    Dende entón,

navego pola perífrase

da existencia

beliscando

a nenez do xardín.

 

Decatándome

da sincronía esfinxe-pedra:

cosmos daquela sólida conciencia,

                     antítese

do desacougante avispeiro da dúbida

Forte escudo de coraxe

                    enfrontándose

á lei misteriosa da derrota.

Recital diante do Rosalía

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies