O mestre e escritor, Manuel Pereira Valcárcel (A Estrada, 1955), publicaba en 2008 o poema titulado “Cidade no desexo”, dedicado á Coruña.
CIDADE NO DESEXO
Sempre alí. Agardando serena.
Como se fose posible a vida xuntos.
O seu mar e o noso corazón.
Ela, repleta de nomes amigables.
Ela, a dócil luz das galerías.
Ela, momentos merecedores da lembranza.
Ela, enseada e mastros adornando as tardes.
Cando tantas cousas botemos en falta,
seguirán os seus horizontes cheos de razóns.