“as coplas aprendidas na saia da avoa.”
(Luísa Villalta)
A poesía popular oral –e as cantareiras– será homenaxeada co Día das Letras Galegas de 2025.
Segundo a Real Academia Galega, “as mulleres preservaron a lingua e crearon anonimamente unha poesía popular transmitida nas cantigas das avoas ás netas, das nais ás fillas, dunhas veciñas a outras”.
Os cantares ou ditos populares servíronlle a Rosalía de Castro como inspiración para escribir Cantares gallegos (1863). No prólogo, afirma:
“Por esto, inda achándome debil en forzas, e nabendo deprendido en mais escola qu’ á d’ os nosos probes aldeans, guiada solo por aqueles cantares, aquelas palabras cariñosas e aqueles xiros nunca olvidados que tan doçemente resoaron nos meus oidos desd’ á cuna, e que foran recollidos po–lo meu corazon como harencia propia, atrevinme á escribir estos cantares…”
Algúns deses cantares ou ditos populares glosados por Rosalía en Cantares gallegos son:
As de cantar
Que ch’ ei de dar zonchos;
As de cantar
Que ch’ ei de dar moitos.
__
Cantan os galos pr’ ó dia,
Erguete, meu ben, e vaite.
– Como m’ ei d’ ir queridiña,
Como m’ ei d’ ir e deixarte.
__
«Nosa señora da Barca
Ten o tellado de pedra;
Ben ó pudera ter d’ ouro
Miña Virxe si quixera.»
__
Campanas de Bastabales,
Cando vos oyo tocar,
Mórrome de soídades.
__
San Antonio bendito,
Dádeme un home,
Anque me mate,
Anque m’ esfole.
__
Adios rios, adios fontes,
Adios regatos pequenos,
Adios vista dos meus ollos
Non sei cando nos veremos.
__
Eu ben vin estar ó moucho
Enriba d’ aquel penedo:
¡Non che teño medo moucho,
Moucho non che teño medo!
__
Airiños, airiños aires,
Airiños da miña terra,
Airiños, airiños aires,
Airiños, leváime á ela.
__
– Hora meu meniño, hora,
Quen vos ha de dar á teta.
Si tua nay vay no muhiño,
E teu pai ná leña seca?
__
Mais ó que ben quixo un dia,
Si á querer ten aficion
Sempre lle queda un–ha magoa
Dentro do seu coraçon.
__
Castellanos de Castilla,
Tratade ben ós gallegos;
Cando van, van como rosas,
Cando vên, vên como negros.
__
Como chove mihudiño,
Como mihudiño chove,
Como chove mihudiño,
Pó–la banda de Laiño,
Pó–la banda de Lestrobe.
__
A forza creadora do pobo e o seu interese por conservar a súa lingua merece todas as homenaxes. Igualmente, as creadoras que teñen en conta o poder creador do pobo.
Manuel Agra
Unha resposta
Amo Rosalía de Castro pena que aquí en Brasil es difícil para comprar, ya he ido tres veces en Buenos Aires en el jardín de los poetas donde hay el busto de Rosalía de Castro que he sacado fotos con Ella