¿Qué pasa ó redor de min?
¿Qué me pasa qu’eu non sei?
Teño medo d’un-ha cousa
Que vive e que non se vé.
Teño medo á desgracia traidora
Que ven, e que nunca se sabe onde ven.
Ugia Pedreira:
Amancio Prada:
De pronto, como por arte de maxia, instalan o medo nas nosas vidas e o caos parece o hábitat no que nos movemos e desenvolvemos. Á mente veñen os coñecidos versos de Follas novas de Rosalía: Que pasa arredor de min?
Xa non sabemos se botar man de Celso Emilio –en Viaxe ao país dos ananos– cando pedía pechar todas as portas para que ningún galego emigrase:
A xeito de S.O.S
falo na madrugada:
Pechai tódalas portas
e que xa ninguén saia.
Parece como se deberamos ser estranxeiras na nosa patria, que dicía a poeta. Podemos dicirlles coma Díaz Castro en Nimbos: a noite é necesaria:
Hai homes cheos de sombra,
homes a contralús
que che fan ver a Deus
coma unha mar de lus.
A Noite é necesaria
pra que ti poidas ver
sobre o medo e o mal
as estrelas arder.
2naFronteira:
Ou tamén podemos botar man de Daniel Salgado en Sucede para dicirlles que malia o medo e a noite, máis sofren outros:
Estar aquí,
así,
algo vivo,
contra o mar,
entre autobuses,
doe,
pero menos
que nun campamento
de refuxiados.
Sexa no medo, no caos ou na noite non deixemos que nos rouben o mes de abril:
Joaquín Sabina:
Porque abril sempre estivo e estará presente: necesitamos que chegue a primavera: