Para as mozas e para os que peitean cabelos brancos, para os ágrafos e para as intelectuais, para as poetas e para os prosistas, para as carnívoras e para os veganos, para as que tecen e para os que destecen, para as inapetentes e para os comellóns etc, etc, etc, etc…, abrimos as portas a quen queira traballar connosco, porque somos xente de acción, en renovación permanente.
Quen somos
A Asociación Cultural Alexandre Boveda (ACAB), fundada na Coruña no ano 1976, ten como obxectivos prioritarios a promoción e defensa da lingua e da cultura galegas. Divulgamos tamén a figura e do pensamento do ilustre nacionalista que dá nome á nosa entidade.
Que facemos
En ACAB desenvolvemos variadas actividades culturais desenvolvidas, quer en solitario quer en colaboración con outras entidades. No noso seo contamos cun grupo de teatro (organizador do Memorial de Teatro Amador Ibán Toxeiro), un club de xadrez e o colectivo fotográfico Ollo de Vidro. Como actividades permanentes destacamos os nosos clubs de lectura e o grupo de Cantos de Taberna. Realizamos un constante traballo na defensa dos dereitos das mulleres, e de investigación con temas como o nacemento e a repercusión das Irmandades da Fala, a recuperación e divulgación do patrimonio toponímico galego, a interacción da lingua cos avances tecnolóxicos, o cine, a política, a literatura, etc.