Queres facer parte de Alexandre Bóveda Teatro?
Na nosa asociación temos un grupo de teatro amador, Alexandre Bóveda Teatro, con máis de 30 anos de experiencia en plena actividade, que vive e comparte o amor polo teatro, onde a diversión, o compañeirismo e a creatividade son protagonistas.
Por que unirte a nós?
- Somos unha gran familia teatral onde cada persoa é imprescindible.
- Cremos personaxes e contamos historias que nos axudan a sentir, xestionar emocións, coñecernos mellor e superar os nosos propios límites.
- Descubrirás que podes facer cousas sorprendentes, tanto ti coma os teus compañeiros, nun ambiente de empatía, respecto e moito cariño.
Participar no teatro é tamén unha aposta pola cultura galega. No noso grupo contribuímos a fomentar e difundir a riqueza da cultura galega, a través das nosas creacións e da lingua que nos define. Aquí, o teatro convértese nunha ponte entre tradición e creatividade.
Non todo é estar no escenario. Se actuar non é o teu, tamén podes colaborar en tarefas de arte, como deseño, produción ou outros aspectos detrás do pano.
Para quen? Calquera persoa, socia de ACAB, con ou sen experiencia, é benvida. O único requisito? Ganas de pasalo ben, fomentar a nosa cultura e vivir unha experiencia única.
Agora mesmo hai persoas dos 14 anos ata os 89.
Anímate a coñecernos e únete ao grupo de teatro. O teatro pode ser esa experiencia que estabas buscando.
Se queres participar ou ter máis información, envíanos este formulario cos teus datos e xa nos poñemos en contacto contigo.
O responsable do ficheiro, AC Alexandre Bóveda, usará esta información para responder ás solicitudes de participación. Os datos enviados gardaranse en Hosting dentro da UE. Podes acceder, rectificar ou suprimir os mesmos se o desexas.