Setembro: de volta

Xardíns de Méndez Núñez

Chegou setembro. Volvemos. A verdade é que non nos foramos de todo. Durante o mes agosto, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda celebrou dúas actividades con moita asistencia de participantes: o Día de Galiza Mártir e a visita guiada á exposición “As miradas de Isaac”, de Isaac Díaz Pardo, da man do seu fillo Xosé Díaz.

A cultura non se detén e non debe deterse. Vai facer agora un ano que a profesora, escritora e deputada Mercedes Queixas presentaba no Parlamento Galego unha serie de iniciativas para reclamar da Xunta o apoio á cultura. Porque a cultura precisa apoio. E, nesa liña está o traballo realizado pola Agrupación Cultural Alexandre Bóveda.

En solitario ou en colaboración con outras entidades seguiremos desenvolvendo variadas actividades culturais: palestras, obradoiros de teatro e xadrez, presentacións de libros, visitas a exposicións, actividades na defensa dos dereitos das mulleres, traballos de investigación e divulgación, etc. Todo este traballo sociocultural asentado na proxección da lingua, literatura e cultura galegas.

Sede ACAB

Porque queremos seguir promocionando e defendendo a lingua e cultura galegas, así como divulgando a figura e o pensamento de Alexandre Bóveda, esperámosvos no noso céntrico local da rúa Olmos 16–18, 1º, da Coruña. Tamén vos animamos a asociarvos. Podedes facelo desde o formulario desta mesma web.

Placa ACAB

Para seguir apoiando a cultura.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies