Sorrisas e bágoas

Francisca HerreraImos contarvos unha historia de ficción, non crible, sabémolo.

Esta historia vai dunha muller. Supoñamos que se chama FH.

FH nace na 2ª metade do século XIX. Neta dun famoso banqueiro local, pertence a iso que chamamos burguesía acomodada. Como unha muller do seu tempo e clase social é educada nos principios tradicionais e nunha viva fe relixiosa.

FH é conservadora, católica e sentimental, unha muller fiel representante da súa clase social… mais non de todo: sinte unha grande admiración por Rosalía de Castro. Como lle gustaría tamén ser escritora!

Anda xa polos 44 anos, cando publica, en Madrid, a súa primeira obra. Ímola titular Sorrisas e bágoas.

O 4 de marzo de 1945 a FH de 76 anos, bastante enferma, lle comunican que vai ser a primeira muller que entre nunha Academia moi prestixiosa que había na súa cidade. Alegría infinita. Ten que facer o seu discurso xa! Quixera facelo en 5, en 10, en 15 días, como moito, mais non está ben de saúde… por iso tarda demais, tarda até o 11 de abril (38 días despois). FH envía o seu discurso de ingreso (acerca de «Rosalía de Castro» claro). Sabe que tardou demasiado así que se desculpa co Presidente “…la demora que debido a una de las frecuentes indisposiciones de mi enfermedad…”

Sorrisas e bágoasE agora a Academia só ten que buscar un home culto que resposte ao discurso de FH. Vamos buscar para ese home un nome de Colexio, Couceiro Freijomil. Hai que mandarlle o discurso e xa logo poñer data…

Pasa abril e pasa maio e xuño, xullo e chega o outono, o inverno, a primavera e logo outro verán e logo… e o 17 de xaneiro de 1947 ―case dous anos despois― a Academia pásalle o discurso de FH a Couceiro Freijomil, para que este escriba o discurso de resposta.

El tamén é un home moi ocupado, tamén tarda demais e o 28 de febreiro de 1949 ―máis de dous anos despois― Couceiro F. envía o seu discurso de resposta, igual que FH tamén se desculpa pola tardanza.

Agora si, xa se lle podía poñer data para a toma de posesión e pasa marzo e abril e pasa maio e xuño, xullo e chega o outono e detrás o inverno e logo a primavera… e FH falece o 4 de novembro de 1950 ―tiña 81 anos― sen lograr tomar posesión na Academia.

(Epílogo: até hai tres ou catro anos, se iades á páxina da Academia non aparecía o nome de Francisca Herrera, mais 70 anos despois faise xustiza (?) e o seu nome aparece como o da primeira muller que entra na Academia Galega)

Carta enviada por Francisca Herrera á Academia Galega

Muy distinguido y muy preciado amigo: Tengo el gusto de remitirle mi modesto Discurso académico celebrando no le halle del todo mal. Si algo encontrase en él, que por cualquier concepto no fuere de su agrado, autorízole para dar un plumazo sobre el párrafo que lo mereciere. También he de agradecerle infinito la fecha en que ha de ser leído; (no se sonría…) ya que he oído siempre
una misa, en días de emoción espiritual. La demora fue debida a una de las frecuentes indisposiciones de mi enfermedad.
Sin molestar más su atención y con sinceros saludos para su digna familia, queda de (?) affma s.s.q.e.s.m. 
Francisca Herrera y Garrido

[tnc-pdf-viewer-iframe file=”https://www.acalexandreboveda.gal/descargas/carta-francisca-herrera.pdf” width=”650″ height=”730″ download=”true” print=”true” fullscreen=”true” share=”true” zoom=”true” open=”true” pagenav=”true” logo=”true” find=”true” current_view=”true” rotate=”true” handtool=”true” doc_prop=”true” toggle_menu=”true” language=”gl” page=”” default_zoom=”auto” pagemode=””]

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies