Memoria de actividades do 2023

Memoria 2023

Na Asociación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB) traballamos desde o convencemento de que a cultura é unha ferramenta de transformación social ao tempo que serve como instrumento valioso para ampliar os coñecementos da cidadanía. O 2023 foi un ano moi intenso para nós. No mes de xaneiro inauguramos novo local dentro dunha institución con máis de […]

Xa estreamos casa

Inauguración da nova sede de ACAB

O 27 de xaneiro de 2023 pasará á historia da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda como o día no que estreamos novo local e novas ilusións. Arredor das 19:30 horas, a que xa é a nosa sede (rúa Santo André, n°36, 1° –dentro do Circo de Artesáns–) comezaba a encherse de invitadas para o esperado acto […]

Ano novo, casa nova

Miña casiña, meu lar, Cantas onciñas D’ ouro me vals!   (Rosalía de Castro) Ano novo, casa nova. Dezaoito anos levabamos a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda na rúa Olmos da Coruña. Alí, no primeiro andar, do número 16–18, intentamos cumprir os obxectivos que ten a nosa asociación –fundada en 1976– e  que se refiren á […]

Setembro: de volta

Sede de ACAB

Chegou setembro. Volvemos. A verdade é que non nos foramos de todo. Durante o mes agosto, a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda celebrou dúas actividades con moita asistencia de participantes: o Día de Galiza Mártir e a visita guiada á exposición “As miradas de Isaac”, de Isaac Díaz Pardo, da man do seu fillo Xosé Díaz. […]

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies